A Deputación de Pontevedra contratará asistencias técnicas para presentar candidaturas a proxectos europeos

Os proxectos de medio natural e cambio climático abarcan actuacións cuxo obxectivo principal serán acciones tipo forestal, mineiro, agrícola, agropecuario, ou de mellora da xestión ambiental, a loita contra o cambio climático, protección da biodiversidade, entre outras.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 24/04/2023 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra abriu o prazo de presentación de ofertas para o acordo marco para a contratación de asistencias técnicas, por valor de 1,3 millóns de euros, para realizar traballos de consultoría necesarios para a presentación de candidaturas a proxectos europeos e o seu seguimento nos ámbitos de medio natural, cambio climático, eficiencia enerxética e de enerxías renovables, así como de proxectos de novas tecnoloxías, incluídos os procedentes do Plan de Recuperación ou do Marco Finaciero Plurianual 2021-2027.

O acordo marco terá unha vixencia de catro anos e o prazo de presentación de ofertas está aberto ata o 12 de maio. Poden concorrer ao proceso diferentes consultoras externas "que ofrezan unha alta especialización, con persoas profesionais adecuadamente cualificadas e experimentadas", que elaboren a documentación técnica necesaria para definir as diferentes actuacións.

Os proxectos de medio natural e cambio climático abarcan actuacións cuxo obxectivo principal serán accións tipo forestal, mineiro, agrícola, agropecuario, ou de mellora da xestión ambiental, a loita contra o cambio climático, protección da biodiversidade, entre outras.

No caso das novas tecnoloxías, inclúense iniciativas de índole tecnolóxica cuxa finalidade sexan as accións relacionadas con aplicacións informáticas, dixitalización, telecomunicacións, ciberseguridade, intelixencia artifical, etc. A Deputación xa puxo en marcha este acordo marco o pasado ano, cun primeiro lote de actuacións (enxeñaría civil e arquitectura; proxectos sociais, benestar e saúde; e emprego) e adxudicáronse asesorías técnicas por case 1,5 millóns de euros.

Ao amparo deste acordo poderán tramitarse axudas e subvencións con convocatoria vixente ou as que se oferten mentres dure o acordo, promovidos por calquera servizo da Deputación. Así, inclúese a elaboración da documentación técnica necesaria sobre anteproxectos, memorias, orzamentos, proxectos básicos ou proxectos construtivos, etc.

PREMIO DO CONCURSO DE RELATOS 'CAMBIEMOS O CONTO'

Por outra banda, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, participou este luns na entrega do segundo premio do concurso de relatos 'Cambiemos o conto', no IES do Castro de Vigo, á alumna Sabela Vázquez.

O centro educativo acolleu un recital e un taller de poesía a cargo de Silvia Penas, no marco das actividades organizadas en vinculación co chamado Manifesto de Soutomaior (que reivindica o legado e o papel das mulleres escritoras e editoras).

No acto, Carmela Silva recoñeceu o "compromiso" dos mozos coa igualdade e a necesidade de cambiar o mundo para que homes e mulleres teñan "os mesmos dereitos" e están presentes "nos mesmos espazos".

Para participar en 'Cambiemos o conto' ou alumnado tivo que escoller estrofas ou versos de cancións cun marcado carácter machista, e escribir un conto de denuncia. Silva felicitou a Sabela Vázquez polo seu relato titulado 'Medrosa Carolina', en referencia á canción de M Clan.

XORNADA SOBRE SOLUCIÓNS INNOVADORAS EN RSC

Finalmente, a Deputación de Pontevedra informou da celebración, o próximo 11 de maio na súa sede de Vigo, dunha xornada participativa para o desenvolvemento de solucións innovadoras no ámbito da responsabilidade social corporativa.

A xornada, que se enmarca na iniciativa SmartPeme contará coa participación de Carlota Corzo, talento español de menos de 30 anos da Lista Forbes; e de Guillermo Martínez, fundador da ONG Axúdame 3D, que crea e entrega brazos impresos en 3D de maneira gratuíta a persoas con diversidade funcional de todo o mundo.

Así mesmo, celebraranse dous talleres, sobre construción de prótese de 3D e sobre os NFT (Non-Fungible Token), activos dixitais encriptados.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa. RAFA ESTEVEZ
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa. RAFA ESTEVEZ | Fonte: DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta