Jácome di contar cun "equipazo" na lista de Democracia Ourensana sen incluír o edil Telmo Ucha

Despois dun mandato marcado pola ruptura interna na formación de Jácome, o rexedor defendeu que "todos os están" na actualidade de Democracia Ourensana "son leais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2023 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense e aspirante á reelección por Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, cualificou de "equipazo" a candidatura coa que a súa formación concorre ás eleccións do próximo 28 de maio, na que non está o actual edil de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha.

A preguntas dos xornalistas este mércores, Jácome incidiu en que se trata dunha "candidatura gañadora" na que está representada "o corazón" de Democracia Ourensana.

Cuestionado pola ausencia de Ucha, o líder de DO apuntou que "non todo o mundo" do partido "quere estar na lista" e "non todo o mundo" que está na organización pode formar parte da candidatura.

"Hai xente de DO que nos gustaría que estivese e non queren dar o paso e outros aos que lles gustaría e non é o seu momento", engadiu o alcalde, que destacado o "talento" dunha lista que definiu como "un equipazo, con diferenza, o mellor de todos".

Despois dun mandato marcado pola ruptura interna na formación de Jácome, o rexedor defendeu que "todos os están" na actualidade de Democracia Ourensana "son leais".

Jácome. EUROPA PRESS - Arquivo
Jácome. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta