Bugallo asegura que licitará a reurbanización do Restollal tras quedar sen fondos estatais

O Goberno local presentara o proxecto á segunda convocatoria do programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións do Miteco.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2023 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O goberno do actual alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, garantiu que levará a cabo a licitación para reurbanizar O Restollal nas "próximas semanas", tras coñecerse este xoves que quedou sen os fondos solicitados ao Executivo central.

O PSdeG local lembrou nun comunicado que o proxecto foi presentado á segunda convocatoria do programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana.

Na resolución provisional, o proxecto atópase en lista de espera por esgotamento de crédito. Así, os socialistas composteláns indicaron que, tal e como figura no artigo 4 da Orde Ministerial do 21 de xullo de 2022, "o Ministerio podería ampliar estas axudas ata 50 millóns de euros en función dos créditos dispoñibles".

O portavoz dos socialistas en Santiago, Sindo Guinarte, anunciou que presentarán alegacións a esta primeira resolución provisional, á vez que "se traballa para obter outras vías de financiamiento e se avanza na licitación das obras".

Sobre a licitación, Guinarte explicou que "será unha vez se incorporen os remanentes", dos que "se destinarán máis de 200.000 euros" a esta finalidade. Así, asegurou que se "vai a seguir buscando financiamiento, sexa a través de fondos europeos ou doutras administracións".

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta