Rosalía, personaxe de Google

O buscador máis importante do mundo utiliza unha imaxe e un poema da escritora galega para conmemorar os 178 anos do seu nacemento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/02/2015 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

Rosalía de Castro dá o salto a Google. O popular buscador celebrou o 178 aniversario do nacemento da escritora cun doodle estático no que aparece a súa imaxe con fragmentos dun dos seus poemas máis coñecidos; "adios ríos, adios fontes".

Non é a primeira vez que Google utiliza o seu doodle para resaltar un evento cultural ou unha personaxe histórica, pero é a primeira vez que acontece cun escritor galego.

Considerada na actualidade como unha escritora indispensable no panorama literario do século XIX, representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego, non só pola súa achega literaria en xeral e polo feito de que os seus Cantares Galegos sexan entendidos como a primeira gran obra da literatura galega contemporánea. Ademais, é considerada xunto con Gustavo Adolfo Bécquer, como a precursora da poesía española moderna.

Doodle estático de Google coa imaxe de Rosalía
Doodle estático de Google coa imaxe de Rosalía

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

1 Leike

Esta vella nación precisa do traballo de todos para que abunden as boas novas, coma esta!