O Concello de Santiago elaborará un protocolo fronte á violencia sexual no lecer nocturno

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2023 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

Santiago celebrou este venres o primeiro encontro dun proceso participativo para levar a cabo un protocolo de actuación fronte a violencia sexual en lecer nocturno, impulsado polo Concello e no que participaron un total de 14 entidades.

Segundo trasladou a institución local nun comunicado, o obxectivo é a elaboración dun documento de prevención, identificación e denuncia deste tipo de violencias, que se adapte, tanto á normativa vixente como ás peculiaridades concretas e á especificidade dos locais de hostalaría e lecer nocturno da cidade.

Deste xeito, indicou que na primeira reunión sentáronse as bases do protocolo, valorando e delimitando o ámbito de actuación e aplicación. A continuación, está prevista a realización dun estudo de campo, con entrevistas e cuestionarios na rúa e dirixidos a establecementos de lecer nocturno.

A partir de aí, elaborarase un borrador do protocolo, tendo en conta o marco normativo de referencia, o circuíto básico de actuación, o mapa de recursos ou os compromisos a asumir. Tamén se abrirá un período deliberativo para a validación dos contidos.

A terceira fase estará marcada pola campaña de información, co propósito de dar a coñecer o protocolo entre as persoas usuarias dos establecementos de hostalaría e lecer nocturno, así como as estratexias preventivas, que incidirán nos aspectos crave e dinámicas nas que se producen as violencias sexuais e LGTBIfóbicas neste contexto.

Primeiro encontro en Santiago para a elaboración dun protocolo contra as violencias sexuais no lecer nocturno.. CONCELLO DE SANTIAGO
Primeiro encontro en Santiago para a elaboración dun protocolo contra as violencias sexuais no lecer nocturno.. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta