Queres ser Policía Local?

Abertas as convocatorias para cubrir 111 prazas de Policía Local en municipios galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2023 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publicou este venres as convocatorias para a cobertura de 111 prazas da escala básica de Policía Local, das que 89 son de acceso por oposición libre e outras 22 de provisión por mobilidade.

Así, por unha banda convócase o proceso selectivo por oposición libre para a cobertura de 89 prazas na escala básica dos corpos de policía local de 24 concellos. As persoas interesadas en participar deben ter os 18 anos cumpridos, ademais de estar en posesión do título oficial de bacharelato ou técnico, entre outros requisitos.

Dos municipios que ofertan prazas a maior parte son da provincia da Coruña, coa Coruña, Ames, Bergondo, Betanzos, Carballo, Ferrol, Muxía, Narón, Noia, Padrón e Porto do Son. Da provincia de Pontevedra figuran prazas nos concellos de Baiona, Caldas de Reis, Cuntis, Gondomar, Marín, Ponteareas, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo e Vilanova de Arousa.

A todos estes súmase o de Lugo. A Coruña é a localidade que oferta maior número de vacantes, con 30, seguida de Vigo e Lugo, con 9, de Padrón con 4 e de Carballo con 3. As demais ofertas oscilan entre unha e dúas prazas.

Policía Local na Alameda de Santiago de Compostela
Policía Local na Alameda de Santiago de Compostela | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta