As probas organizaranse en tres quendas para respetar a decisión dos aspirantes que queiran presentarse a máis dun exame.
  comenta   0
Das 1.556 prazas ofertadas nesta categoría 1.135 corresponden á quenda de acceso libre, 332 á quenda de promoción interna, e 89 á quenda de discapacidade xeral.
  comenta   0
“Sospeitas de que se fan as cousas así porque hai algúns que xa sabían a data en que que se ía convocar o primeiro exame", di Jorquera.
Abertas as convocatorias para cubrir 111 prazas de Policía Local en municipios galegos.
  comenta   0
O secretario xeral de CGT, Miguel Ángel Cuña, saíu este luns en defensa de Cristina Villaverde, unha traballadora que ocupa o posto da convocatoria desde hai 23 anos como persoal laboral.
  comenta   0
O conselleiro do Medio Rural, José González, destacou desta norma, vixente desde hai dous anos, tres instrumentos: as aldeas modelo, os polígonos agroforestais e as agrupacións de xestión conxunta.
  comenta   0
A Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia (ATRIFOGA) fundouse ante o que consideraban discriminación por parte de autoridades e forzas sindicais, que por seren fixos discontinuos de tres ou seis meses, non os tivesen en conta para determinadas negociacións e que, desde a Xunta, non se teñan resolto concursos oposición feitos en 2019, e que mesmo os postos de traballo dalgúns deles e delas poidan estar en risco ante unha posible falta de puntuación de cara os baremos.
  comenta   0
A resolución das oposicións de acceso libre "pode chegar a demorarse máis de catro anos desde que son convocadas ata que o aspirante chega a ocupar o seu posto de traballo".
  comenta   1
Delas, 3.900 son por concurso-oposición e o resto por concurso de méritos. A prioridade é enfermaría e atención primaria.
  comenta   0
Sinalan que "seguen sufrindo cambios continuos" en convocatorias, baremos, número de prazas, prazos de inscrición e corpos e escalas obxecto do propio proceso.
  comenta   0
Expón que os médicos de familia teñan axendas de 33 citas ordinarias de dez minutos e prolongar xornada con máis remuneración ante 'picos'.
  comenta   0
Un grupo de opositores, aprobados da Oferta Pública de Emprego (OPE) da Xunta de 2019, concentrouse este martes fronte ao Parlamento de Galicia, coincidindo co Pleno da Cámara, para pedir axilidade nos procesos selectivos, aínda sen concluír.
  comenta   0
O documento establece que o proceso selectivo nos procesos de estabilización extraordinaria será o concurso e que a valoración dos méritos terá unha puntuación máxima de 100 puntos.
  comenta   0
A convocatoria para o acto de elección de destino destas prazas realizarase unha vez recibida a documentación. Seis delas teñen destino na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; catro na de Vigo e tres na de Pontevedra e O Salnés; mentres que unha praza está na Coruña e Cee, e outra en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
  comenta   0
Os votos do PP tamén botaron abaixo unha moción do BNG que expuña unha serie de medidas para sacar "do colapso" á atención primaria, como asegurou durante o seu defensa a deputada nacionalista Montse Prado.
  comenta   0
A CNT abre a porta a unha folga de 15 días ao mes ata decembro se non se retoman as negociacións en prol dunhas oposicións para "estabilizar" persoal interino. A Xunta pide "tranquilidade" ás familias.
  comenta   0
Pode non valorarse debidamente o coñecemento do galego nas futuras OPEs da Xunta?. Houbo sindicatos que alertan desta posibilidade mentres que outras forzas sindicais apuntan que aínda non se concretaron os pasos a dar para realizar a OPE e por tanto, non se pode falar de valoración ou non valoración de coñecemento do galego.
  comenta   0
Esta Oferta Pública de Emprego, que no Consorcio afecta a 1.360 prazas, "está negociada con sindicatos", destacou Política Social que declarou "só o 10% restante seguirán o proceso de concurso-oposición".
  comenta   0
Para a tarde deste sábado están chamados 856 aspirantes para cubrir as 45 prazas de planchador e 12 de técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información.
  comenta   0
Para a tarde deste sábado están chamados 1.554 aspirantes para cubrir as 33 prazas de telefonista, mentres que o domingo están convocados 786 aspirantes a 38 prazas da categoría de electricista e 856 para as de planchador e técnico especialista en tecnoloxías da información, que contan con 45 e 12 prazas, respectivamente.
  comenta   0
Os procesos de estabilización permitirán, de acordo coa actual normativa, reducir a temporalidade do emprego público.
  comenta   0
O orzamento global ascende a 1,6 millóns de euros, polo que cada bolsa estará dotada con 6.611 euros.
  comenta   0
Máis de 120.000 funcionarios xubílanse no conxunto do Estado este 2022. Xa hai máis de 22.00 prazas convocadas para este ano, sobre todo, en Educación, Correos, Policía e Garda Civil ou Auxilio Xudicial.
  comenta   0
O domingo, ás 10,00 horas, están convocados 175 aspirantes das categorías de pique (168) e técnico en farmacia (7), para cubrir 49 prazas reservadas a persoas que acrediten unha discapacidade intelectual.
  comenta   0