Piden cinco anos de prisión para un adestrador que abusou sexualmente dunha menor

O acusado deberá indemnizar á vítima na cantidade de 9.000 euros polo dano moral causado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2023 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

Fiscalía pide cinco anos de prisión e oito de inhabilitación para un adestrador deportivo de Ourense acusado de abusar sexualmente de maneira continuada dunha menor. A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense fixou para o vindeiro luns, día 8 de maio, a vista por esta causa.

No seu escrito de acusación, o Ministerio Público considera ao home que "mantiña unha relación de superioridade" sobre a vítima, culpable dun delito continuado de abuso sexual, polo que pide cinco anos de prisión.

Tamén reclama que lle home non poida exercer a súa profesión de adestrador de menores por un tempo de oito anos e que non poida achegarse ou comunicarse coa vítima nin desempeñar actividades relacionadas con menores durante tres anos. En canto á responsabilidade civil, o acusado deberá indemnizar á vítima na cantidade de 9.000 euros polo dano moral causado.

Fachada da Audiencia Nacional
Fachada da Audiencia Nacional | Fonte:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta