Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/05/2023 | Actualizada ás 12:58
A Consellería de Sanidade informou este luns de que, tras a declaración do fin da emerxencia sanitaria pública por parte da Organización Mundial da Saúde, o balance de datos sobre a Covid farase agora semanalmente.
Os últimos datos feitos públicos correspóndense coa información actualizada ás 18:00 horas do domingo 7 de maio, e neles confírmase que, nas últimas horas, os falecidos por Covid subiron a 4.145 persoas, dúas máis que as que se recollían no último informe. Os casos activos descenderon ata os 1.048 (32 menos que no último parte), as persoas ingresadas en UCI son 5 (dúas menos) e outras 148 en unidades convencionais de hospitalización (18 máis).
Por áreas, a da Coruña e Cee ten 202 casos activos da enfermidade, e 37 persoas hospitalizadas (unha delas en UCI); na área de Vigo hai 189 casos activos e 33 persoas ingresadas (2 en coidados críticos); na área de Santiago e Barbanza hai 181 casos e 21 persoas hospitalizadas (unha en UCI); na área de Lugo, Monforte e A Mariña, hai rexistrados 141 casos e 11 persoas en hospitalización convencional; na área de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras hai 137 casos e 19 enfermos ingresados en planta; na área de Pontevedra e O Salnes, o número de casos é de 103 persoas, das que 17 están ingresadas (unha en UCI); e na área de Ferrol, o número de casos activos é de 95, con 15 hospitalizados en planta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.