O BNG denuncia que a Xunta non mobilizou 4.640 vivendas de promoción pública desde 2009, se non que só 22

A deputada do BNG Alexandra Fernández e a conselleira de Vivenda Ángeles Vázquez cruzaron reproches no Parlamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2023 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asegura que a Xunta mobilizou 4.640 vivendas de promoción pública desde 2009, fronte á "miserable cifra" de 22 á que apunta o BNG "en 13 anos", motivo polo que acusa o Goberno galego de "dinamitar" estas políticas. Estes números cruzáronse, entre reproches, a deputada do Bloque Alexandra Fernández e a titular do departamento autonómico no transcurso dunha interpelación no pleno do Parlamento este mércores.

Fernández criticou ao Goberno de Alfonso Rueda porque "chega a campaña e a Xunta anuncia 1.800 novas vivendas públicas", que se compromete a construír "en tres anos". "De verdade que non soa moi crible", subliñou. "Se alguén non ten credibilidade é vostede", respondeulle a conselleira, preguntándose "como poden dicir" os nacionalistas "que non se construíron e que non se entregaron" estas vivendas.

De acordo coa súa información, a Xunta, desde 2009, "mobilizou 4.640 vivendas de promoción pública", delas 2.359 "de nova construción ou rehabilitadas" e 2.281 "en segundas e sucesivas adxudicacións". A titular de Vivenda replicou á parlamentaria, ademais, que "hai múltiples anuncios electoralistas" para reprochar ao seu grupo que "aplaude eses anuncios", en referencia ao Executivo central.

"A lei de vivenda non hai por onde collela e non tiveron o valor de votar en contra", recriminoulle, mentres Alexandra Fernández acusoulle de ver "ocupas en todos os lados" e de pagar un informe que é "unha copia e pega". "Está desesperada en buscar ocupas por todos lados", lamentou. Na súa intervención, a dirixente galega en materia de vivenda comprometeu que se construirán esas 1.800 vivendas novas anunciadas e espetou á portavoz do BNG que "se quere" dille "onde se van a construír". "No canto de tanto rir, lean un pouco o DOG", resolveu.

A "miserable cifra de 22 novas vivendas de promoción pública en 13 anos" revela un "ritmo de investimentos" co que as familias que se inscriben no rexistro de demandantes "hoxe quizáis obteñen unha vivenda dentro de 4.000 anos nunha lista de espera interminable", censurara a deputada do Bloque.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a súa comparecencia no Parlamento galego. XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a súa comparecencia no Parlamento galego. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta