A campaña do 28M na CRTVG: sete debates e 30 entrevistas

Os medios públicos da FORTA despregarán unha cobertura sen precedentes para o 28-M

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/05/2023 | Actualizada ás 10:55

Comparte esta noticia

As radios e televisións públicas que conforman a Federación de Organismos ou Entidades de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA) realizarán unha intensa cobertura das eleccións autonómicas e municipais que se celebran o próximo 28 de maio. Estrearán tecnoloxías punteiras, novos estudios ou grandes pantallas LED que usarán durante os próximos anos. Os debates electorais e o minuto a minuto dos resultados son dous dos puntos chave na programación dos entes púbicos para a cita coas urnas.

Estudio da Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) preparado para un debate a seis nas eleccións autonómicas galegas para o 5 de abril
Estudio da Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) preparado para un debate a seis nas eleccións autonómicas galegas para o 5 de abril | Fonte: CRTVG - Arquivo

Así, a CRTVG fará un intenso despregamento informativo durante a campaña electoral. Ademais dos espazos de publicidade nos diferentes informativos, celebraranse sete debates, un por cada cidade de Galicia, que serán emitidos de forma simultánea a través da TVG, a Radio Galega e o portal web.

Nestes debates participarán as formacións que obtivesen representación nas anteriores eleccións locais de 2019 e concorran ao 28-M en cada un dos sete municipios. Tamén se realizarán 30 entrevistas individuais a cada un dos candidatos das cidades, e na noite electoral emitirase un programa especial con conexións coas sedes e os principais centros de votación.

"Cunha audiencia potencial de millóns de espectadores en toda España, os entes rexionais teñen a oportunidade de marcar a axenda política durante a campaña nas súas respectivas comunidades autónomas", indican desde a FORTA. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta