55 revisións de condena e tres excarceracións en Galicia pola lei do 'só si é si', segundo o CGPJ

Todas estas revisións serán examinadas pola Sala do Penal do Tribunal Supremo entre o 6 e 7 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/05/2023 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) calcula que en Galicia ditaronse 114 resolucións, das cales, 55 conseguiron unha rebaixa de condea, e deses, tres foron excarceados, e nos 59 restantes mantivéronse as penas impostas inicialmente. Todo isto debido aos cambios nas penas para delitos sexuais introducidos pola lei do 'só si é si'.

A maioría das revisións das que ten constancia o CGPJ en Galicia foron xestionadas pola Audiencia Provincial da Coruña, que aceptou modificar a condena en 17 das 53 revisións realizadas. Pola súa banda, a Audiencia pontevedresa rebaixou as penas en 18 ocasións de 31, mentres que a de Ourense fíxoo en 9 das 13 revisións e a de Lugo en 6 de 9.

Ás decisións das audiencias provinciais galegas súmanse as 5 rebaixas aplicadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que revisou 8 sentenzas.

PENDENTES DO SUPREMO

Está previsto que a Sala do Penal do Tribunal Supremo celebre entre o 6 e 7 de xuño un Pleno monográfico para fixar criterio sobre as revisións efectuadas polos tribunais sentenciadores por mor da reforma penal.

Será a primeira vez que o alto tribunal entre a analizar se os restantes aplicaron ben a Lei Orgánica de Garantía Integral da Liberdade Sexual nas súas revisións de pena. Esto será levadoa  cabo polos maxistrados co obxectivo non só de unificar criterio senón de fixar doutrina, e porque xa acumula máis de 20 recursos de casación contra autos de revisión.

Xulgados de Santiago de Compostela
Xulgados de Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta