Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/05/2023 | Actualizada ás 13:34
O PP de Galicia colocou sete valas en diferentes puntos de Galicia, na contorna das cidades, nas que contrapón o seu modelo "entre todos" fronte a "unha gran lista de agravios" que afea a rivais como PSOE, BNG e Podemos cunha mensaxe: "Que non nos amolen".
Ademais da contraposición destas ideas, os populares completan os valos electorais con varias palabras coas que tratan de "exemplificar os problemas" que, baixo o seu punto de vista, "veñen do pasado" e, da man dos seus rivais políticos, "incrementáronse nos últimos meses".
En concreto, denuncian "incumprimentos, indultos, malversación, sedición, débeda, nacionalismo, división, insultos, impostos, crises, egocentrismo, incompetencia, discriminación, independentismo, arrogancia ou IVE".
"Que non nos amolen coas súas estridencias, cos seus problemas e coas súas discusións. Nós imos ir ao noso, ao que nos interesa", sinalou precisamente na pasada xornada o presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, nun mitin en Ames.
Ante a "marcha atrás" que, sosteñen os populares, "supoñen as políticas da esquerda", o PPdeG afronta as eleccións do próximo 28 de maio "mirando cara ao futuro, cun proxecto sólido, baseado na estabilidade, na xestión e no 'sentidiño'".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.