Formoso pide aos ourensáns que rexeiten a Jácome o 28M antes de que o faga a xustiza

"Os que temos raíces ourensás sentimos orgullosos desas raíces, e estamos agora mesmo absolutamente avergoñados de que un alcalde poida facer o que fai", afirmou.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 16/05/2023 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, apelou á responsabilidade dos veciños de Ourense, que teñen a oportunidade de "retratarse" o próximo 28 de maio, e expresar nas urnas o seu rexeitamento a Gonzalo Pérez Jácome, pola súa forma de facer política, que ten aos ourensáns "avergoñados".

Así o manifestou, en declaracións aos medios, durante unha visita a Xinzo da Limia para apoiar á candidata socialista á Alcaldía, Elvira Lama. González Formoso lembrou que "quedan 12 días para que Ourense se retracte", e expresou o seu convencemento de que a cidadanía vai ser "rotunda no seu rexeitamento a unha forma de entender a política que en calquera país de Europa estaría absolutamente erradicada".

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa este xoves
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa este xoves

"Ser ourensán ou ourensá debe ser un motivo de orgullo, os que temos raíces ourensás sentimos orgullosos desas raíces, e estamos agora mesmo absolutamente avergoñados de que un alcalde poida facer o que fai (Jácome)", afirmou.

Respecto diso, o líder dos socialistas galegos apuntou que o que ocorre co rexedor de Ourense non debe ser só unha cuestión da Xustiza, e pediu non deixar só en mans da Fiscalía unha "responsabilidade" que teñen os cidadáns. "Esta responsabilidade é única e exclusivamente dos veciños e veciñas dunha cidade que ten que retratarse o 28 de maio", insistiu.

CRÍTICA A RUEDA

Ademáis aproveitou para acusar  ao presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, de percorrer Galicia estando "nos biosbardos", por acusar  "ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, "de ser socialista", "o que estará avergoñado será el, dun partido que ten que esconder ao seu tesoureiro, que está no cárcere, ou que esconder aos seus expresidentes", recalcou Formoso.

CRÍTICA A PONTÓN

Por outra banda, tamén lanzou críticas cara á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, a quen acusou de "falar de autonómicas permanentemente", dando "as costas" ás 313 "realidades" municipais, que son "a referencia política dos galegos e galegas". "Os concellos son a conexión con cada veciño e cada veciña que ten este país", lembrou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta