Aprobada a redución dos anos de cotización para a xubilación anticipada das persoas con discapacidade

Agora só serán necesarios 5 anos para as persoas con polo menos 45% de discapacidade.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/05/2023 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

O Goberno aprobou este martes en Consello de Ministros un Real Decreto polo que se reduce de 15 a 5 os anos de cotización necesarios para que as persoas, con polo menos un 45% de discapacidade, poidan acceder á xubilación anticipada. Ademáis, poderanse acumular dous tipos de patoloxías distintas para acadar a esa porcentaxe e xa non será preciso un informe do Imserso senón que será suficiente un informe médico

Finalmente, o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá engadiu que "a lista de patoloxías que no pasado era moi difícil modificar normativamente, agora poderase modificar a través dunha orde ministerial". "Axilizamos e simplificamos os procesos ante determinados avances no diagnóstico que nos poida levar a contemplar patoloxías adicionais", subliñou o ministro, facendo fincapé en que esta reforma pon de manifesto o "compromiso" do Executivo coas persoas con discapacidade.

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá
O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta