Por Galicia Confidencial | Boiro | 17/05/2023 | Actualizada ás 18:20
Unha muller de 73 años foi rescatada da auga na praia boirense de Barraña por persoas que se atopaban na zona e, logo, evacuada no helicóptero medicalizado ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).
Os feitos tiveron lugar en torno as catro en media desta tarde cando un particular daba a voz de alarma de que estaba a ver a una persoa aboiando na auga. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia de Soporte Vital Básico (SVB) con base en Rianxo e o equipo médico do Punto de Atención Continuada (PAC) de O Saltiño, ademais de persoal do servizo municipal de Protección Civil e unha patrulla da Garda Civil.
Pero foron particulares os que se tiraron ao mar para rescatar á muller que, unha vez estabilizada, foi trasladada ao Clínico compostelano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.