a deriva do bloque:
http://www.galiciae.com/nova/10955....
http://www.ces-galicia.org/pdf/dict...
texto completo do ditame do CES. este ditame foi aprobado por unanimidade de tódolos axentes sociais que integran o CES e, pese a que é demoledor contra a creacion deste chiringuito, a consellería de cultura ignorou por completo o pronunciamento.
INTERESANTE LIBRIÑO QUE DESCOBRE CON TODA NITIDEZ A DOBLE FACIANA DOS TEÓRICOS DO BLOQUE: dicían e escribían unha cousa cando estaban na oposición e, agora, no goberno, practican todo o contrario do que defendían.
http://www.calimaco.es/b2c/index.ph...
Resumo: A utilización dos chamados "medios propios" das Administracións constitúe un fenómeno en expansión; un fenómeno de fuxida do Dereito Administrativo que se xustifica, como en tantas outras ocasiones, ao amparo da tan ansiada como mítica consecución da eficacia da acción administrativa. A presente monografía aborda desde un punto de vista crítico o maior deses medios propios na actualidade (2004), a Empresa de Transformación Agraria, S.A., Tragsa: unha empresa estatal dotada de personalidade xurídico-privada, cuxo obxecto social estendese a moi variadas funcións e servizos relacionados co ámbito agrario e ambiental, e que recibe os encargos de traballo desde distintas Administracións a través do mecanismo da execución de obras pola propia Administración. Tras describir a realidade empresarial de Tragsa, o libro analiza sucesivamente as oito pezas que conforman o seu réxime xurídico: a atribución legal do carácter de "medio propio instrumental da Administración" para xustificar a aplicación do réxime de execución directa pola propia Administración; a natureza das encomendas de traballos, a falta de publicidade e a sua impugnabilidade xudicial; a encomenda directa de obras á luz do dereito interno de defensa da competencia; a encomenda de traballos á luz do dereito comunitario da concorrencia; o régime de contratación de Tragsa con terceiros; a contratación laboral en Tragsa; o réxime de irresponsabilidade patrimonial; a natureza da encomenda de traballos a Tragsa por parte das Comunidades Autónomas. Analizase a continuación a utilización de Tragsa na Comunidade Autónoma de Galicia con un estudio de dous casos: o caso do saneamento gandeiro e a limpeza das praias durante a crise do Prestige. A partir de aí, revisanse as sombras que este tipo de desdobramentos instrumentais provocan no cumprimento dos compromisos constitucionais das Administracións.
o autor é carlos amoedo, actual secretario xeral da consellería de cultura. este libro foi publicado no 2004 cando era profesor de dereito administrativo na universidade da coruña. agora el mesmo coa creación de AGADIC está a facer exactamente o que el rexeitaba no libriño de marras. se a este libro de 2004 lle cambiamos TRAGSA por SEAGA e PP por BNG, estará plenamente vixente ao 100% dos seus contidos.
enfín ... as verbas escritas deste libro son a mellor mostra da deriva e incoherencia entre teoría e praxe que está a manter o bloque dende que accedeu ao goberno.