Manuel Cabezas afirma que Baltar terá que pagar a segunda multa "se era el o que conducía ese coche"

O PSOE tira de ironía e di que agora "entende" por que o presidente da Deputación "nunca tivo moita preocupación" por impulsar o AVE.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2023 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

O candidato do PP á Alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas, dixo que o presidente da Deputación e líder do seu partido na provincia, Manuel Baltar, terá que pagar a segunda multa por exceso de velocidade que rexistrou o seu coche oficial o domingo 23 de abril "se era el o que conducía ese coche" por Allariz a 173 quilómetros por hora.

Cabezas compareceu na mañá deste martes, tras anular a súa axenda de campaña, para solicitar a "dimisión inmediata" do alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, tras os últimos audios coñecidos, pero os xornalistas aproveitaron para preguntarlle por esta segunda infracción que desvelou o luns a Cadea Ser.

Estoutra multa correspóndese co mesmo día no que a Garda Civil parou a Baltar na A-55 á altura de Zamora cando circulaba o seu coche oficial a 215 km/h en sentido Madrid. No entanto, polo momento a Deputación de Ourense non ten constancia da segunda infracción nin confirmou que fose o seu presidente o que conducía ese mesmo coche a 173 km/h nesta mesma estrada, pero 54 minutos antes e en Allariz.

"Se era el o que conducía ese coche e o que ía a esa velocidade, independentemente de que a multa a coñeceu por algún medio de comunicación e non polo procedemento habitual, o que terá que facer é pagar a sanción que lle corresponda", respondeu Cabezas.

O PSOE TIRA DE IRONÍA

Pola súa banda, o candidato do PSdeG-PSOE, Francisco Rodríguez, tamén ofreceu este martes unha comparecencia na que tirou de ironía ao ser preguntado por esta cuestion. Así, dixo que agora "entende" por que Baltar "nunca tivo moita preocupación" por impulsar o AVE: "Porque el vai a máis valocidad".

O candidato do PP á Alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas/ Agostime Iglesias - Europa Press / Europa Press
O candidato do PP á Alcaldía de Ourense, Manuel Cabezas/ Agostime Iglesias - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta