Traballadores de Navantia Ferrol bloquean durante tres horas o acceso ao estaleiro

Por Europa Press / Redacción | | 24/05/2023 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

Os traballadores de Navantia Ferrol bloquearon durante tres horas o acceso ás instalacións do estaleiro en reivindicación de avances na negociación dun novo convenio colectivo.

A protesta desenvolveuse entre as 05,00 e as 08,00 horas deste mércores na entrada principal ao estaleiro e provocou problemas de tráfico na zona de Esteiro. Durante ese tres horas, os traballadores impediron a entrada nas dúas portas de acceso á factoría da empresa naval pública.

Trátase dunha mobilización incluída no calendario de protestas en reclamación dun novo convenio colectivo para o centro.

Traballadores de Navantia ás portas do estaleiro de Ferrol
Traballadores de Navantia ás portas do estaleiro de Ferrol | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta