Por Galicia Confidencial | A Coruña | 11/03/2015 | Actualizada ás 10:00
Non hai tempor, polo momento, ao fenómeno Podemos entre os grandes empresarios galegos. Ou, polo menos, entre algúns. O primeiro en falar alto e claro, e sen metáforas, sobre a formación de Pablo Iglesias foi o conselleiro delegado de Fillos de Rivera, Ignacio Rivera, quen non tivo ningún problema en destacar que é un partido “democrático como outro calquera”.
"Podemos é un partido político democrático. Benvido sexa. Se a xente quere votar está no seu dereito", dixo durante tras ser preguntado sobre a súa opinión nun encontro cos medios de comunicación no que a empresa mostrou os mellores resultados da historia.
De feito, mesmo se aventurou a admitir que ten "algún amigo simpatizante" e parécelle "un partido como outro calquera". En todo caso, tamén advertiu que non pode pronunciarse sobre os seus obxectivos ata que non teñan definido “un pouquiño o seu programa". “Entón poderei analizalo con calma", engadiu.
Rivera tamén analizou a situación económica, que percibe "un pouco mellor" e en especial onde se comercializa a cervexa Estrella Galicia porque aí "empezan a subir levemente as vendas no sector". De feito, a empresa Fillos de Rivera facturou en 2014 un total de 279,9 millóns de euros con 78,9 millóns de beneficios antes de impostos e iso nun exercicio no que se alcanzaron cifras históricas de venda da cervexa Estrella Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.