Showcooking e visita guiada para pechar a exposición 'Fragmentos de onte'

Showcooking o 7 de xuño, e visita guiada con cata o 8 de xuño; ambas experiencias promovidas pola Adega Martín Códax na Sede Afundación de Vigo.

Por Galicia Confidencial | Cambados | 31/05/2023 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O sete de xuño, a Adega Martín Códax organiza un Showcooking na Sede Afundación de Vigo. Benigno Couso, achegará a tódolos asistentes a cociña da Taberna Patouro, un espazo gastronómico cun novo concepto para os amantes da cociña exquisita, evolucionando a cociña tradicional e atopando a esencia dos sabores de Galicia.

Edición Especial 'Fragmentos de onte'. Foto: Bodega Martín Códax.
Edición Especial 'Fragmentos de onte'. Foto: Bodega Martín Códax.

Dende a organización comunican que quedan aínda prazas dispoñibles que se poden reservar dende a páxina web de Martín Códax.

VISITA GUIADA CON CATA COMENTADA

Da man da Asociación Etnográfica Sete Espadelas, o oito de xuño os visitantes que se acheguen á Sede Afundación de Vigo poderán coñecer toda a historia e detalles das obras de Ruth Matilda Anderson e de como era o día a día na Galicia dos anos 20.

Tras finalizar a visita, os asistentes poderán realizar unha cata comentada cunha selección das elaboracións singulares da Adega da man dun dos nosos sumilleres. 

Pódense reservar prazas na web da adega organizadora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta