Xunta denuncia "discriminación" de Galicia en axudas da seca e o BNG di que "non vale con chorarlle a papá"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2023 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, denunciou a "discriminación" dos gandeiros galegos en relación con axudas do Goberno central para facer fronte á seca, ante o que o BNG avisou de que "non é suficiente queixarse", e pediu actuar.

Ante isto, o titular do departamento autonómico, no pleno do Parlamento, trouxo a colación axudas e outras medidas como préstamos e outros postas en marcha polo Goberno galego. Pola súa banda, a deputada do Bloque Carmen Aira, que recriminou a "actitude de chorarlle a papá", reclamou á Xunta "orzamento e planificación, porque solucións técnico-científicas xa as hai e competencias teñen dabondo" para adoptar decisións coas que afrontar episodios de seca "cada vez máis frecuentes".

O conselleiro asegurou que o Executivo galego "nunca quedou estático" ante o "agravio" do Goberno central, e insistiu na necesidade dunha reunión "urxente" co Ministerio de Agricultura. "É inaceptable que (...) --os gandeiros galegos-- só vaian percibir en Galicia menos de 40 euros para a carne e 15 para o leite", advertiu.

"Totalmente en desacordo" con que a Galicia, en "zona moderada", "só" lle corresponda un 25%, González tamén rexeitou que "de 5 millóns en apicultura só toquen 15.000 euros" á comunidade, e en todo iso viu unha "clara analoxía do que representa" o territorio galego "para o Goberno de Sánchez".

O conselleiro do Medio Rural, José González, participará por vía telemática na Mesa da Seca. XUNTA
O conselleiro do Medio Rural, José González, participará por vía telemática na Mesa da Seca. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta