Ourense acolle a primeira edición do 'European Writers Club', unha iniciativa para fomentar o audivisual en Europa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2023 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

Ourense acolle a primeira edición do 'European Writers Club', unha iniciativa para fomentar o audiovisual no continente europeo e que se realiza ata o 5 de xuño no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra ourensá.

Este encontro, liderado pola Xunta e pola entidade danesa Vision Denmark, está a reunir máis de "medio centenar de guionistas, produtores e representantes de cadeas televisivas de 16 países" en Ourense, segundo informou o Goberno autonómico.

Ademais, a súa estancia en Galicia está a supor "novas oportunidades de contactos internacionais para o noso audiovisual a través das sesións abertas á participación de profesionais galegos", segundo sinalou a través dun comunicado a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Así mesmo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou na recepción ofrecida polos responsables deste proxecto aos creadores galegos invitados a varias das actividades que están a ter lugar no mosteiro, a quen lles adiantou que Galicia volverá ser destino do 'European Writers Club' na súa próxima edición.

Ourense acolle a primeira edición do 'European Writers Club', unha iniciativa para fomentar o audivisual en Europa. XUNTA
Ourense acolle a primeira edición do 'European Writers Club', unha iniciativa para fomentar o audivisual en Europa. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta