Fortes chuvias en Ourense e inundacións na capital lucense

As precipitacións foron de 30 mm nunha hora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2023 | Actualizada ás 21:44

Comparte esta noticia

As intensas choivas que afectan durante este domingo ás provincias de Ourense e Lugo provocaron inundacións na capital lucense, onde se viron afectado baixos e outras edificacións como a estación de autobuses da cidade ou mesmo o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Algunhas das rúas principais da cidade amurallada, como a Avenida de Lugo e Fontiñas, víronse alagadas, chegando a levantarse mesmo as tapas dos sumidoiros. A Axencia Estatal de Meteoroloxía alertaba esta tarde de que as precipitacións serían intensas e poderían producirse acumulados de ata 30 mm nunha hora.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta activaba esta mañá a alerta laranxa por choiva na montaña de Ourense e de Lugo, así como no sur desta última provincia. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa comeza ao mediodía deste domingo cunha precipitación acumulada nunha hora de ata 30 mm.

Ademais, estarán en alerta amarela o centro de Lugo, xa que se prevé unha precipitación acumulada nunha hora de 20 mm, así como o interior da Coruña e de Pontevedra, e as zonas noroeste, Miño, sur e Valdeorras de Ourense, onde se espera unha precipitación acumulada nunha hora de 15 mm.

A maiores activouse a alerta amarela por treboadas nos interiores da Coruña e de Pontevedra, en Ourense, no centro, sur e montaña de Lugo.

Bombeiros achicando auga tras unha inundación
Bombeiros achicando auga tras unha inundación | Fonte: V.V. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta