A misión do 'Artabro' remata sen corpos atopados no 'Villa de Pitanxo'

Volve a Galicia a onde chegará o 12 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 05/06/2023 | Actualizada ás 10:56

Comparte esta noticia

O buque 'Ártabro', que se encarga da misión de procura, localización e inspección do pecio da 'Villa de Pitanxo', concluíu a súa misión sen achar ningún corpo na zona do naufraxio, segundo informaron as familias das vítimas. Desta maneira, o Rov submarino que este pasado sábado confirmou que a estrutura metálica localizada no lugar era o Pitanxo volveu baixar ao pecio para realizar as gravacións necesarias "o máis preto posible", aínda que "respectando toda a seguridade".

Estas imaxes serán utilizadas como probas na investigación xudicial do caso. Agora, o 'Ártabro' diríxese a España, polo que chegará a Vigo previsiblemente o vindeiro luns, día 12 de xuño, segundo indicaron fontes consultadas por Europa Press. Este buque partiu do Porto da cidade olívica o pasado 17 de maio co obxectivo de localizar e inspeccionar a 'Vila de Pitanxo'. Foi o xoves cando se achou unha estrutura metálica que podería ser o barco, confirmándose a noticia o sábado.

Todo iso despois da polémica xurdida debido a que o 'Ártabro' partiu por ordes do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, pero sen a autorización da Audiencia Nacional, que é quen leva o caso. Por isto, antes de comezar a misión, tivo que recalar en Terranova  para recoller a dous peritos máis: un designado polo xulgado e outro proposto de forma conxunta polas familias dos mariñeiros falecidos.

O buque de inspección do pecio da 'Vila de Pitanxo', o ?Artabro?, no Porto de Vigo.. Javier Vázquez - Europa Press
O buque de inspección do pecio da 'Vila de Pitanxo', o ?Artabro?, no Porto de Vigo.. Javier Vázquez - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta