O xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno desestimou a imputación de Eduardo Rial, sobriño do patrón da 'Vila de Pitanxo' e outro dos sobreviventes á traxedia, na causa que investiga o naufraxio do pesqueiro galego a 450 quilómetros da costa de Terranova (Canadá) o pasado 15 de febreiro.