Familias do Pitanxo concéntranse tras coñecerse o "importante" informe pericial

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2024 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Familias das vítimas do pesqueiro galego 'Villa de Pitanxo', que naufragou fronte á costa de Terranova (Canadá) en febreiro de 2022 --con 21 falecidos dos 24 que ían a bordo--, concentráronse na tarde do pasado venres ante a placa conmemorativa de Marín.

Diso informou este sábado a portavoz das familias, María José de Pazo, quen explica que se concentraron con motivo dunha semana "moi importante" polo traslado de informe pericial e as conclusións. Así, explica que numerosos veciños lles trasladaron o seu "agarimo e apoio", aos que agradece o respaldo. "Aínda queda moito camiño por diante pero este informe dos peritos designados polo maxistrado Moreno foi un consolo e dános máis forza para seguir", afirma.

O informe pericial elaborado pola Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (Ciaim), entregado esta semana á Audiencia Nacional, dá por "verosímil" a versión do sobrevivente do naufraxio da 'Villa de Pitanxo' Samuel Kwesi, ao ver "contradicións e incongruencias" na do capitán, Juan Padín, e o seu sobriño, Eduardo Rial, os outros dous mariñeiros que salvaron a vida na traxedia.

Familias do Pitanxo concéntrase ante a placa conmemorativa de Marín tras coñecerse o 'importante' informe pericial
Familias do Pitanxo concéntrase ante a placa conmemorativa de Marín tras coñecerse o 'importante' informe pericial | Fonte: FAMILIAS DO PITANXO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta