Rescatadas tres persoas tras envorcar cos seus kaiaks na Illa de Arousa

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2025 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

Tres persoas foron rescatadas nas últimas horas despois de ter dificultades cos seus kaiaks entre a illa de Areoso e a praia de Carreirón, na Illa de Arousa, segundo informou dle CIAE 112 Galicia.

O incidente ocorreu sobre as 21.00 horas deste domingo, cando unha das persoas implicadas contactou con Emerxencias para informar de que dúas das súas compañeiras envorcaran nos seus kaiaks e tiñan dificultades para volver subir á embarcación.

Segundo detallaba, estas persoas estaban en apertos, pero conseguían manterse suxeitas ao kaiak. Minutos despois, unha cuarta persoa que formaba parte do grupo logrou chegar a terra polos seus propios medios, en bo estado.

O CIAE 112 Galicia activou o protocolo de rescate e alertou a Urxencias Sanitarias-061, Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia --que mobilizou o helicóptero 'Pesca I'--, Policía Local e Protección Civil de Cambados.

Finalmente, o helicóptero rescatou a úas das persoas implicadas, que foron trasladadas ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; mentres que a terceira persoa foi recollida por unha embarcación particular e trasladada logo ao Hospital do Salnés.

Dous gardas civís nun dispoispositivo de procura tras un accidente de piragüa
Dous gardas civís nun dispoispositivo de procura tras un accidente de piragüa | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta