A devastación dos incendios en Galicia revive o espírito de Nunca Máis

Convocadas protestas en case 30 localidades de Galicia contra a xestión dos incendios por parte do PP na Xunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/08/2025 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

"A política forestal do PP queima os nosos montes, queima as nosas casas". Este é o lema elixido pola Plataforma Por un Monte Galego con Futuro para revivir o espírito de Nunca Máis. Desta volta, as protestas non son pola xestións contra unha marea negra no mar, senón contra a marea negra dos montes galegos.

Protesta contra a xestión dos incendios forestais que revive o espírito de Nunca Máis
Protesta contra a xestión dos incendios forestais que revive o espírito de Nunca Máis

Esta entidade convoca a concentracións de protesta en case 30 localidades de Galicia para este xoves, 21 de agosto, entre as 20 e e as 20.30 horas. O obxectivo é denunciar a xestión dos incendios en Galicia por parte da Xunta e, sobre todo, a falta de planificación dunha política forestal no país. 

A protesta, que chega na maior vaga de incendios que sofre o país desde 1989, chegará a concellos como os da Coruña, Allariz, Betanzos, Cangas, CArballo, Celanova, Compostela, Ferrol, Lalín, Lugo, Melide, Monforte, Monterroso, Noia, O Porriño, Ourense, Padrón, Ponte Caldelas, Pontevedra, Ribadeo, Ribeira, Verín, Vigo, Vilagarcía, Vilalba e Viveiro. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta