Conde asegura que o PP concorrerá ás xerais coas "mellores candidaturas"

Por E.P. | A CORUÑA | 06/06/2023 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde, manifestou que o PP concorrerá ás eleccións xerais coas "mellores candidaturas".

Expúxoo así ante o proceso electoral iniciado polo adianto das eleccións xerais ao 23 de xullo e ao ser, cuestionado nun acto na Coruña, para o recoñecemento da Peme do Ano, sobre a conformación de candidaturas, tamén noutros partidos.

"Desde o PP presentaranse as mellores candidaturas", sinalou Conde, quen emprazou a esperar a todo o proceso, tamén en referencia a outros partidos, ao estarse neste momento "elaborando as listas".

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, comparece en rolda de prensa tras o Consello da Xunta. XOÁN CRESPO
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, comparece en rolda de prensa tras o Consello da Xunta. XOÁN CRESPO | Fonte: XUNTA

CRÍTICAS

Por outra banda, Conde acusou este martes ao Goberno de España de tramitar "ás costas" das Comunidades Autonómas a 'addenda' ao Plan de Recuperación e Resiliencia, e advertiu de que "non parece razoable" aprobar o documento "en plena campaña electoral", cando "está en xogo" a consolidación e recuperación do tecido produtivo.

Conde sinalou que o tecido produtivo en Galicia "está a responder" e Galicia xa recuperou o PIB prepandemia. Neste contexto, apuntou Conde, é necesaria unha "resposta" do Goberno central para "atender a toda a carteira de proxectos" das empresas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta