Igape denuncia a "falta de apoio" do Goberno Central a Galicia

As criticas danse despois de que dos 49.900 Perte dispoñibles, Galicia recibiu "menos de 337 millóns", o que supón "menos do 4% do total de Perte".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/06/2023 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Fernando Guldrís, critica que o Goberno só resolveu 8.900 millóns de convocatorias dos Perte dos 49.900 dispoñibles, "menos dunha cuarta parte". E entre esta cantidade, concedeuse a Galicia "menos de 337 millóns", o que supón "menos do 4% do total de Perte".

Na Comisión de Industria, Guldrís insistiu en que "Galicia e Altri non poden esperar e necesitan certezas", despois de que a vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, asegurase que o Executivo "tivo en conta todos os proxectos" das comunidades autónomas, singularmente de Galicia, salvo o de Altri, debido aos criterios que impón a UE.

Así, defende que "Altri demostrou desde o primeiro momento máxima implicación para que sexa unha realidade" este proxecto que suporía un investimento duns 800 millóns e uns 2.500 postos de traballo, cun "firme compromiso con esta terra". Por iso, destaca que se trata dun proxecto estratéxico que "esixe plena colaboración de todas as administracións" e cualifica de "sorprendentes" as declaracións de Calviño.

Nesta liña, o director xeral sostén que o proxecto "tractor" de Altri é "pioneiro a nivel Europa" para obter unhas 200.000 toneladas anuais de fibra téxtil sustentable en Palas de Rei (Lugo), á vez que a Comisión Europea "felicitou recentemente a Altri" por este. Por tal motivo, reproba a "falta de apoio por parte do Goberno central".

E é que considera que España "non planificou con acerto a xestión de fondos europeos", cunha postura "unilateral" na que "non axiliza" a súa tramitación e "non apoia" a proxectos "transformadores como este". Por tal motivo, perder esta "oportunidade inigualable", di Guldrís, "carecería de todo sentido".

O director do Igape comparece en comisión / XOÁN CRESPO  / Europa Press
O director do Igape comparece en comisión / XOÁN CRESPO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta