O PP de Pontevedra pon en valor a Pastor como número 1 da lista da provincia pola súa "experiencia e implicación"

O PP dará a coñecer o resto da candidatura nos vindeiros días.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 12/06/2023 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luís López, puxo en valor á exministra Ana Pastor como número 1 da lista do partido ao Congreso pola provincia de Pontevedra pola súa ampla "traxectoria e experiencia" e pola súa "implicación" cos cidadáns. Segundo el, Pastor sempre mantivo o seu "compromiso permanente" cos 61 concellos de Pontevedra, "exercendo de pontevedresa e velando polos intereses" da provincia, polo que é un "aval" que lidere ela a candidatura.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, López subliñou que Ana Pastor liderará unha candidatura de mulleres e home que se dará a coñecer "nos próximos días" e coa que o PP "aspira a gañar as eleccións do 23 de xullo na provincia".

"O que está en xogo é o futuro de España; é pór punto e final a un Goberno que maltratou a diario a Galicia e á provincia de Pontevedra", engadiu, subliñando que o PP está preparado para que o seu presidente nacional, Alberto Núñez Feijóo, sexa o próximo presidente do Executivo central.

A vicesecretaria de Política Social do Partido Popular, Ana Pastor, á súa chegada a unha Xunta de Portavoces. Alejandro Martínez Vélez - Europa Press
A vicesecretaria de Política Social do Partido Popular, Ana Pastor, á súa chegada a unha Xunta de Portavoces. Alejandro Martínez Vélez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Hai xente que resulta INCOMBUSTIBLE ! Nin Angrois lle chamuscou un pelo ! As vítimas reclaman xustiza! https://youtu.be/y9Hdo9RfdFw Polo menos Pepe Blanco leva anos amasando millóns nunha consultora privada con socios do PP (así é como se fai política no País dos Ananos!)