Decretado o arquivo dunha das denuncias presentadas contra o exalcalde de Sada, Benito Portela

Nun comunicado, Sadamaioría afirma que isto pon de manifesto "a persecución, acoso e derriba" cara a este grupo municipal.

Por E.P. | A CORUÑA | 15/06/2023 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

O Xulgado de Instrución número 2 de Betanzos emitiu un auto de arquivo das dilixencias practicadas contra o exalcalde de Sada, Benito Portela, e outras dúas persoas, por presuntos delitos de prevaricación, malversación e tráfico de influencias despois das practicadas por mor dunha denuncia presentada por unha das concelleiras asinantes da moción de censura.

O auto, informan desde Sadamaioría, decreta ao sobresemento provisional das actuacións por non existir indicio algún de delito por parte de ningunha das persoas investigadas. Ademais, ratifica outro de Fiscalía.

Nun comunicado, Sadamaioría afirma que isto pon de manifesto "a persecución, acoso e derriba" cara a este grupo municipal e sinala sobre as que houbo na súa etapa de goberno. "Denuncias todas elas interesadas que o único que pretenden é menoscabar a imaxe das persoas e prexudicar á formación política", apunta.

O exalcalde de Sada, Benito Portela
O exalcalde de Sada, Benito Portela | Fonte: M. Dylan

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta