Reaniman e trasladan en helicóptero a unha muller que sacaron da auga en Sanxenxo

Sufrira unha parada cardio-respiratoria.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 16/06/2023 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

Os servizos sanitarios conseguiron reanimar a unha muller á que sacaron da auga inconsciente na praia de Baltar, en Sanxenxo. Posteriormente, foi trasladada ao hospital nun helicóptero medicalizado.

Segundo informan fontes dos servizos de emerxencias a Europa Press, varios particulares daban o aviso ao 112 sobre as 10,40 horas deste venres para indicar que rescataran da auga a unha muller que parecía que se "estaba afogando", ao atoparse boca abaixo.

Ata alí trasladouse unha ambulancia de Urxencias Sanitarias-061, a Policía Local de Sanxenxo, a Garda Civil e os servizos de emerxencias. Os sanitarios conseguiron reanimar á muller que, ao parecer entrara en parada cardiorrespiratoria. Posteriormente, foi trasladada consciente ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Operativo para reanimar e trasladar en helicóptero a unha muller que sacaron da auga na praia de Baltar, en Sanxenxo (Pontevedra). CONCELLO DE SANXENXO
Operativo para reanimar e trasladar en helicóptero a unha muller que sacaron da auga na praia de Baltar, en Sanxenxo (Pontevedra). CONCELLO DE SANXENXO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta