Redada policial contra os bateeiros: dez deles son detidos polas protesas do 13 de abril

Impútanselles delitos de desordes públicas, atentado a axentes da autoridade e lesións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2023 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

Un total de dez persoas foron detidas pola Policía Nacional pola súa suposta participación nos incidentes rexistrados durante a protesta do sector do mexillón o pasado 13 de abril en Santiago de Compostela.

Este mércores, máis de dous meses despois da concentración ás portas da sede da Xunta en San Caetano que derivou nun enfrontamento entre os manifestantes e as forzas da orde, a Policía Nacional trasladou que a investigación por estes feitos concluíu co arresto de dez persoas.

Impútanselles delitos de desordes públicas, atentado a axentes da autoridade e lesións por uns incidentes que, segundo a Policía, terminaron con 16 axentes feridos. O xoves 13 de abril, un grupo de bateeiros concentráronse á primeira hora da mañá ante o edificio administrativo de San Caetano, en Santiago. As protestas arrincaron sobre o oito da mañá e, como en anteriores días, coincidían coa xornada na que o Goberno galego reúnese nesta sede.

Os incidentes comezaron minutos antes do nove, cando se produciu unha carga policial que os participantes cualificaron de "desproporcionada", con disparos de pelotas de goma "á altura da cabeza" e "porrazos na cabeza e brazos". As protestas trasladáronse máis tarde ás inmediacións da comisaría de Santiago despois de que unha muller fose arrestada para, despois, regresar ás portas da sedel do Goberno galego. En total, foron detidas dúas persoas e producíronse varios feridos.

"GRAN VIOLENCIA"

Nun comunicado, a Polícia Nacional asegurou que a concentración do 13 de abril realizouse sen ser comunicada oficialmente e os seus participantes comportáronse "con gran violencia contra o ispositivo policial", no que participaron membros da UIP e a UPR.

Durante esa xornada, as forzas da orde comisaron "paus de gran tamaño, petardos, parafusos, porcas, cadeas, rejillas metálicas dos desaugadoiros, bolardos metálicos" e "utensilios de fabricación caseira para o lanzamento de obxectos".

Protesta do sector bateeiro fronte á comisaría da Policía Nacional en Santiago
Protesta do sector bateeiro fronte á comisaría da Policía Nacional en Santiago | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta