Vox segue sen emocionar en Galicia

Abascal xunta só 400 persoas no Pazo da Ópera da Coruña. Fóra, berros de "vós fascistas sodes os terroritas".

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 27/06/2023 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

O presidente de Vox e candidato á Presidencia do Goberno de España, Santiago Abascal, recalou en Galicia onde asegurou que Vox vai estar "sempre coa man tendida para a construción da alternativa que os españois esixen".

Fíxoo en declaracións aos medios previas a un acto público coa lema 'Decide o que importa' celebrado no Pazo da Ópera da cidade herculina, no que estivo acompañado polo candidato número uno ao Congreso pola provincia da Coruña, Juan Garcilaso de la Vega.

O discurso de Abascal centrouse en que os resultados das eleccións municipais do pasado 28 de maio acreditaron que "a gran maioría social" dos españois quere "construír unha alternativa". Os cidadáns pensan, na súa opinión, que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, converteuse nun "perigo para a unidade e a concordia polo seu pacto co separatismo e o terrorismo".

O presidente nacional e candidato á Presidencia do Goberno de Vox, Santiago Abascal, atende aos medios antes dun acto do seu partido na Coruña
O presidente nacional e candidato á Presidencia do Goberno de Vox, Santiago Abascal, atende aos medios antes dun acto do seu partido na Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press

PROTESTAS

No evento da Coruña tamén interveu o candidato número uno ao Congreso pola provincia da Coruña, Juan Garcilaso de la Vega, que se expresou na mesma liña que Abascal ante uns 400 asistentes, que seguiron con atención tanto o seu discurso como o do líder de Vox e acabaron o acto con aplausos en pé.

Mentres, no exterior un grupo de manifestantes clamaron contra Vox e a ultradereita ás portas do recinto con consignas como 'Fóra fascistas das nosas rúas' e 'Vós fascistas sodes os terroritas', vixiados por un amplo dispositivo policial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Sigo pensando que todos os que se manifestan contra VOX o único que fan é suliñar a súa "presencia" cando menos xornalística e din por aí que "non hai maior desprezo que non dar aprezo" O día en que VOX teña 200 espectadores na Coruña tomamos cervexas !