A Xunta estudará recorrer as sentenzas contra os lotes adxudicados para transporte escolar

O executivo galego apunta que "o propio TSXG rexeita a existencia de pactos ou acordos deliberados e contrarios á competencia".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2023 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación informa de que está a estudar as recentes sentenzas que anulan adxudicacións de varios lotes de transporte escolar para "avaliar posibles recursos que procedan".

Segundo traslada a Consellería a Europa Press, a Xunta respecta o contido das sentenzas que acaban de facerse públicas. No entanto, sinala que o servizo de transporte escolar de Educación --sumado ao escolar compartido de Mobilidade-- componse de máis de 150 contratos, "dos que só tres teñen agora un pronunciamento xudicial a favor dos demandantes". Agrega que outro oito de Educación foron desestimados ou desistidos.

Igualmente, apunta que "o propio TSXG rexeita a existencia de pactos ou acordos deliberados e contrarios á competencia", á vez que a Xunta defende "a transparencia total" nos procedementos.

Tamén remarca que os pregos de contratación "non foron recorridos xudicialmente en ningún caso", mentres que o proceso de contratación "axustouse aos procedementos administrativos establecidos pola normativa".

Varios nenos e nenas entran no CEIP Manuel Mallo de Nadela / Carlos Castro - Europa Press - Arquivo. / Europa Press
Varios nenos e nenas entran no CEIP Manuel Mallo de Nadela / Carlos Castro - Europa Press - Arquivo. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta