Cambios do novo goberno de Santiago nas festas do Apóstolo

Finalmente o pregón estará a cargo de Leilia e terá lugar o xoves 20 ás 22:00 horas. Non se sabe aínda o que acontecerá co espectáculo dos fogos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/07/2023 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

O grupo Leilía será o encargado do pregón das festas do Apóstolo en Santiago. Ese é un dos principais cambios introducidos polo novo goberno da cidade que este 6 de xullo deu a coñecer o programa das festas do Apóstolo de Santiago, que este ano están marcadas polo recente cambio de goberno da cidade.

Rolda de prensa da presentación do cartel das Festas do Apóstolo en Santiago
Rolda de prensa da presentación do cartel das Festas do Apóstolo en Santiago | Fonte: Galicia Confidencial

As festas arrincarán o xoves 20, durarán ata o luns 31 e acollerán actividades dirixadas a todos os públicos en moitas zonas da cidade xa que recordan que "Santiago non é só a zona histórica". Porén habrá actuacións en Galeras, Mazarelos, no parque de Bonaval, na Praza da Quintana ou na Alameda. Todas elas, marcadas na súa meirande parte pola presenza de grupos da zona e de grupos galegos como Catuxa Salom, The Rapants ou Xurxo Fernándes, ademais da xa tradicional parte de folclore.

Un dos cambios introducidos polo novo goberno será no pregón, que finalmente, Leilía serán as encargadas de dalo o primeiro día de festa, ás dez da noite dende o balcón do Pazo de Raxoi. "Eleximolas polo arraigo coa cidade e por formar parte do patrimonio cultural", explica  Pilar Lueiro, concelleira de Festas. Montse Rivera de Leilía agradeceu que contarán con elas e en resposta a como será o pregón que darán advirte que queren darlle o seu toque persoal. "Algo estamos argallando", comenta entre risas.

Ademais outro dos cambios será unha das petición que o BNG levaba pedindo hai tempo e tamén distintos colectivos afectados, como o das persoas autistas. Nestas festas haberá un parón de dúas horas do ruído das atraccións da Alameda durante 3 días. As datas establecidas para o silencio serán o 22, 23 e 28 de cinco da tarde a sete da tarde, coa intención de que as persoas máis sensibles ao ruído poidan desfrutar tamén das festas da cidade.

Outra sorpresa desta ano é o cartaz elexido creado polo estudio de Pepe Barro que se inspira na psicodelia e na festa a través dun deseño 3D. Con el tamén intenta reflexar igualdade sobrepoñendo a icona dunha muller coa dun home, en vermello e outro en azul, respetivamente, así, mediante unhas gafas 3D poderás ver as dúas figuras alternando unha chiscadela dos ollos.

En canto a cuestións máis técnicas como o dispostivo de seguridade, a concelleira non concreta nada pero afirma que xa se reuniron. Outra das cousas que non poden decir con seguridade e a inversión do concello que explican que rondará os 500.000€ sen ter en conta os fogos artificiais. Ademais haberá dous puntos lilas, un na Alameda e outro en Galeras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta