A CEP e Porto de Vigo colaborarán para mellorar competitividade de empresas

Os directivos da CEP expuxeron a necesidade de que se acelere a posta en marcha" do portelo único nos trámites administrativos nos que interveña a Autoridade Portuaria.

Por GC Emprende | Vigo | 08/04/2015 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) e o Porto de Vigo comprometéronse a manter reunións periódicas de carácter sectorial para traballar en medidas que redunden nunha maior competitividade para as empresas da provincia.

Ignacio López-Chaves, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, co presidente da CEG
Ignacio López-Chaves, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, co presidente da CEG

O presidente da CEP, Jorge Cebreiros, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo (APV), Ignacio López Chaves, adoptaron este acordo durante unha reunión celebrada este martes na que tamén participaron representantes de sectores económicos con vinculación portuaria.

Os directivos da CEP expuxeron a necesidade de que se acelere a posta en marcha" do portelo único nos trámites administrativos nos que interveña a Autoridade Portuaria e solicitaron unha revisión dos custos de carga e descarga de mercadorías brutas e elaboradas vista a diferenza que existe entre ambas.

Guillermo Pérez Aboy, presidente da Asociación Cluster do Granito, expuxo que, no caso deste material, a tendencia actual é que "cada vez creza máis o volume de granito elaborado", cuxos custos son "moi superiores aos dos bloques en bruto".

Adicionalmente, solicitouse a intermediación de López Chaves para mellorar a calidade do traballo dos estibadores e a axilización dos despachos aduaneiros de mercadoría, especialmente en canto a peixe conxelado. Requiriuse tamén, por parte da CEP, que se estableza un sistema de colaboración coa APV máis fluído para favorecer e atender mellor aos cruceristas que chegan á cidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta