Auditarán a resposta dos municipios á crise humanitaria pola guerra de Ucraína

Será a través dun informe do Consello de Contas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2023 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O Consello de Contas realizou unha comunicación ao Parlamento de Galicia para a modificación do plan de traballo deste organismo para 2023, de forma que se inclúe unha auditoría exprés en relación coa resposta das entidades locais para abordar a crise humanitaria causada pola invasión da Ucraína.

Así, será un informe que se fará cunha duración máxima de 16 semanas para analizar cuestións como a protección das persoas refuxiadas, segundo informa o Consello de Contas este luns nun comunicado.

De tal forma, os municipios deberán contestar a preguntas acerca da achega que realizaron, medidas postas en marcha e se existe unha previsión de adaptación das mesmas pola prolongación da guerra.

Sede do Consello de Contas de Galicia.
Sede do Consello de Contas de Galicia. | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta