Baixan as reservas dos encoros galegos case un punto quedando a un 68% da súa capacidade

Esta semana, as precipitacións foron escasas en toda España. A máxima produciuse en Santander con 9,2 litros por metro cadrado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2023 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

Os encoros galegos contan con 2.518 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o que supón 35 menos que hai unha semana, segundo os datos ofrecidos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Deste xeito, as reservas baixaron case un punto porcentual nos útlmos sete días, e sitúanse ao 67,9% do total da súa capacidade, reflicte o boletín.

En concreto, os encoros da conca Miño-Sil están ao 67,7% da súa capacidade, con 2.052 hectómetros cúbicos de auga (27 menos que a pasada semana). Pola súa banda, os encoros da conca Galicia Costa, están ao 68,1%, o que supón 466 hectómetros cúbicos de auga embalsada, oito menos que o martes pasado.

A reserva hídrica española perdeu esta semana 714 hectómetros cúbicos, o 1,3 por cento da súa capacidade total, segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, polo que nestes momentos os encoros están ao 43,4 por cento e gardan 24.329 hectómetros cúbicos de auga. Esta semana, as precipitacións foron escasas en toda España. A máxima produciuse en Santander con 9,2 litros por metro cadrado.

Vista aérea do encoro de Prada desde a zona Candeda / Agostime - Europa Press  / Europa Press
Vista aérea do encoro de Prada desde a zona Candeda / Agostime - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta