Ferrol en Común di que a cidade necesita un alcalde "a tempo completo" logo de que Rey Varela fose designado senador

Ferrol en Común desexa que esta etapa que abre o actual alcalde de Ferrol "non descoide os intereses dos ferroláns" e que non supoña a súa ausencia na cidade por ocuparse doutros asuntos que non sexan locais, cuestión para a que recueda que foi elixido.

Por E.P. | Cobas (Ferrol) | 26/07/2023 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

Ferrol en Común pediu ao alcalde da cidade, o popular José Manuel Rey Varela, que "non descoide" aos ferroláns co seu nomeamento como senador por designación autonómica e lembra que a cidade "necesita dun compromiso político forte e a tempo completo".

Nun comunicado remitido aos medios, Ferrol en Común sinala que o sistema parlamentario actual merece unha profunda revisión, pois a Cámara Alta a día de hoxe ten un papel "máis simbólico que real" no sistema lexislativo do Estado.

"Non imos entrar a valorar a decisión interna doutro partido político pero si a forma de designación autonómica sen ningún tipo de mandato popular, unha cuestión que non concorda cos nosos postulados políticos e que motiva, unha vez máis, a profunda reforma necesaria da que falamos no parrágrafo anterior", sinala.

Con todo, Ferrol en Común desexa que esta etapa que abre o actual alcalde de Ferrol "non descoide os intereses dos ferroláns" e que non supoña a súa ausencia na cidade por ocuparse doutros asuntos que non sexan locais, cuestión para a que recueda que foi elixido.

Presentación do primeiro tramo da lista de Ferrol en Común, que encabeza Jorge Suárez.
Presentación do primeiro tramo da lista de Ferrol en Común, que encabeza Jorge Suárez.

SERVIZOS DE ROZAS


O concelleiro de Medio Ambiente, Servizos, Zona Rural e Obras de Ferrol, José Tomé, anunciou esta mañá que se declarou a emerxencia para proceder á contratación dos traballos de roza de parcelas e vías municipais na zona rural por un importe que supera os 250.000 euros.

O edil xustificou a decisión en que a época de perigo alto de incendios abarca desde o 1 de xullo ao 30 de setembro e que é necesario "xestionar de maneira correcta a biomasa das redes de competencia municipal para minimizar os riscos".

Así, José Tomé incidiu en que o risco de incendios forestais nas vías e parcelas municipais atópase en "niveis non permisibles", polo que, di, o executivo local actuará "de emerxencia para reverter esta situación", á vez que se mellora a seguridade viaria e da cidadanía.

Por outra banda, o goberno local tamén anunciou que está en tramitación a construción de 54 nichos no cemiterio municipal de Catabois e que se prevé a ampliación do camposanto, posto que case a totalidade das 16.000 sepulturas existentes están ocupadas. O concelleiro adiantou que esta ampliación estará contemplada nos orzamentos de 2024, xa que, sinalou, "trátase dun proxecto moi necesario e urxente".

Tomé explicou que con esta ampliación preténdese, ademais de dar resposta a unha demanda social, "frear o feísmo que supón construír filas de nichos en zonas verdes", por iso é polo que a solución proposta sexa a de seguir o esquema actual de rúa central e nicho en fila de tres alturas a dúas caras con amplas zonas axardinadas e beirarrúas perimetrales.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta