Cae unha banda criminal de prostitución en Santiago

Hai oito detidos. Tres ingresaron en prisión nun operativo por delitos tamén de tráfico de drogas e branqueo de capitais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/07/2023 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo a oito persoas, membros dunha organización criminal en Santiago, ás que se lle imputan delitos relativos a organización criminal, prostitución, tráfico de drogas, contra os dereitos dos traballadores e branqueo de capitais.

Segundo informa, as investigacións comezaron en 2022 cando se tivo coñecemento de que nun club de alterne da capital galega estaba a obrigarse a algunhas mulleres a prostituírse, utilizando para iso coaccións, ameazas e chegando, nalgún caso, ás agresións físicas.

Nunha primeira fase da investigación púidose pescudar que  a organización quedaba con gran parte do pago polos servizos, xerando grandes beneficios para os xefes da organización. Tamén se detectou que os encargados do club vendían sustancias estupefacientes.

Segundo avanzaba a investigación púidose comprobar o alto nivel de vida que levaban os xefes grazas aos elevados beneficios que obtiñan da prostitución e o tráfico de drogas, blanqueando o diñeiro obtido na adquisición de numerosas propiedades tanto en España como no estranxeiro.

Xa na fase final da investigación púxose en marcha un amplo dispositivo policial, coordinado pola Brigada de Estranxeiría de Santiago e no que participaron distintas unidades de Policía Nacional de Santiago e Madrid.

REXISTRO

Finalmente procedeuse á detención de oito persoas, realizándose un rexistro no club onde se exercía a prostitución e en catro domicilios dos principais investigados, logrando intervir 40.000 euros en efectivo, unha máquina contadora de billetes, catro vehículos de alta gama, 16 gramos de cocaína e numerosos teléfonos móbiles, entre outros.

Os detidos pasaron a disposición xudicial do Xulgado de Instrución número 2 de Santiago, decretándose o ingreso en prisión do tres principais responsables do grupo criminal.

A Policía Nacional desarticula unha banda adicada á prostitución e a venda de droga
A Policía Nacional desarticula unha banda adicada á prostitución e a venda de droga | Fonte: POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta