Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2023 | Actualizada ás 14:23
A Xunta de Galicia defendeu a entrada en vigor este mércores da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral para "garantir o equilibrio entre a biodiversidade e a función social da costa".
Segundo lembran nun comunicado, a lei permitirá "consolidar o futuro da costa galega, dos seus valores naturais, patrimoniais, paisaxísticos e económicos ao mesmo tempo que se outorga seguridade xurífica ás actividades que se realizan nela e que supoñen o modo de vida da cidadanía que alí reside".
A normativa que entra este mércoles en vigor, insisten, "protexe e garante o futuro de Galicia, ademais de supor a xestión desde Galicia desta materia e seguridade xurídica para o noso litoral".
Sinalan que a lei inclúe nun só texto todas as políticas, sectores e instancias administrativas que teñen relación co litoral coa creación de órganos de participación, colaboración e intercambio. Ademais, durante o trámite parlamentario incorporáronse ao texto definitivo preto do 40% das emendas presentadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.