A Xunta licita a contratación do servizo de mantemento dos edificios da Administración de Xustiza

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2023 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica este martes a licitación da contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de mantemento dos edificios destinados a sedes da Administración de Xustiza na comunidade, por un importe superior aos 4,3 millóns de euros e unha vixencia de 24 meses prorrogables.

A nova licitación ten como obxectivo determinar as condicións ás que se axustará a prestación do servizo de mantemento dos edificos xudiciais e dos seus equipamentos.

Así, inclúense novas prestacións que suporán unha mellora na execución do servizo con respecto ao contrato vixente como, por exemplo, a actualización e modernización de ascensores; o mantemento do circuíto pechado de televisión e intrusión (CCTV); inspeccións dos sistemas de Protección Contra Incendios (PCI); certificados de eficiencia enerxética, servizos especializados, así como programas de control dos equipos de enerxía térmica e de biomasa e de subministración de biocombustible para os xeradores; programas de control de novas instalacións e de medicións de enerxía e novos equipos e instalacións.

Por outra banda, adecúanse os custos de persoal ás actualizacións producidas nos últimos anos en base aos convenios colectivos de aplicación.

Finalmente, o contrato recolle unha revisión dos prezos como consecuencia do incremento de custo das subministracións necesarias para a correcta execución do servizo, sobre todo polo aumento da enerxía e dos combustibles e das materias primas, pezas e materiais.

O edificio administrativo da Xunta en San Caetano, en Santiago de Compostela, iluminado de cor verde con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras.. XUNTA
O edificio administrativo da Xunta en San Caetano, en Santiago de Compostela, iluminado de cor verde con motivo do Día Mundial das Enfermidades Raras.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta