A plataforma Salvemos Cabana ve unha "fraude de lei" a tramitación fragmentada de proxectos eólicos

Cando as empresas enerxéticas empregan de maneira interesada a acción de fragmentar un proxecto maior en varios segmentos de menor entidade, o adecuado sería realizar unha avaliación conxunta dos subproxectos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2023 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A plataforma Salvemos Cabana considerou unha "fraude de lei" a tramitación fragmentada de proxectos eólicos, despois de que o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia descartase fragmentación por compartir infraestrucutras.

"A división indebida dun proxecto unitario en determinado número de proxectos de potencia instalada inferior a 50 megawatios para evitar o control ambiental do Estado, moito máis rigoroso, é un feito evidente desde o momento en que a localización de determinadas centrais eólicas é lindeira". "E continua compartindo titularidade, liña de evacuación e subestación eléctrica e, en ocasións, ata denominación por fases", apostilan desde a plataforma.

"Por iso, cando as empresas enerxéticas empregan de maneira interesada a acción de fragmentar un proxecto maior en varios segmentos de menor entidade, o adecuado é realizar unha avaliación conxunta dos subproxectos conforme ao disposto na Lei 21/2013, de 9 de decembro, de Avaliación Ambiental".

Parque eólico mariño
Parque eólico mariño | Fonte: ECOLOXISTAS EN ACCIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta