As axudas autonómicas a investimentos e contratacións en iniciativas emprendedoras pódense pedir ata o 17 de agosto

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, lembrou este xoves que ata o 17 de agosto pódense solicitar as axudas por un importe de seis millóns de euros que se convocaron por primeira vez este ano, para o período 2023-2024, co fin de garantir "a continuidade e consolidación de iniciativas de emprendimiento cunha antigüidade máxima de 42 meses".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2023 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, lembrou este xoves que ata o 17 de agosto pódense solicitar as axudas por un importe de seis millóns de euros que se convocaron por primeira vez este ano, para o período 2023-2024, co fin de garantir "a continuidade e consolidación de iniciativas de emprendimiento cunha antigüidade máxima de 42 meses".

Pablo Fernández lembrouno na súa visita á empresa FlowReserve Labs, cualificada como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT). Na nova convocatoria, sinalou, articúlanse achegas por investimentos que poden alcanzar os 90.000 euros e incentivos á contratación de persoas desempregadas de 6.000 euros por contrato.

En concreto, a Xunta destina axudas a entidades que poden alcanzar os 90.000 euros para compensar os seus investimentos de capital (a partir dun mínimo de 10.000 euros) en equipamento informático, mobles, reforma de instalacións ou bens de equipo de segunda man, entre outros.

Estas achegas poden complementarse con incentivos de 6.000 euros por cada contratación de persoas en situación de desemprego (inscritas como demandantes de emprego no servizo público) coas que se formalice un contrato inicial indefinido a tempo completo ou un de carácter fixo-descontinuo durante un mínimo de nove meses a xornada completa entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2024.

A Xunta dará prioridade no proceso de concorrencia competitiva mediante o que se tramitan os apoios a aquelas actividades con encaixe no sector industrial, da transformación e/ou comercialización de produtos, servizos do ámbito da economía e dos coidados (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapaciadade, granxas escola) ou da formación para o emprego en sectores prioritarios.

Tamén recibirán maior valoración as iniciativas con base tecnolóxica ou de especialización intelixente, as de economía social, as radicadas en contornas rurais e as que destaquen polo seu compromiso coa igualdade e a presenza de mulleres e polo emprego xerado.

AXUDAS AO EMPRENDEMENTO

O secretario xeral tamén aproveitou para lembrar outra liña de apoios por sete millóns de euros destinada a financiar iniciativas emprendedoras en activo que nacesen a partir do 1 de xaneiro de 2021, baixo a influencia da pandemia. Estes apoios poden solicitarse ata o próximo 29 de setembro.

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, visita a empresa FlowReserve Labs, cualificada como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT)
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, visita a empresa FlowReserve Labs, cualificada como Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) | Fonte: XOÁN CRESPO

Son axudas para dar cobertura aos investimentos realizados desde o 5 de novembro de 2022 ata a data de solicitude nestas empresas e os apoios van desde os 3.000 euros para o mínimo investimento financiable (de 5.000 euros) ata os 30.000 euros para o máximo (100.000 euros) para dar cobertura a investimentos xa realizados (debidamente xustificadas mediante factura) en equipamento informático, melloras da eficiencia enerxética, adquisición de mobiliario, reforma e/ou habilitación de locais ou compra de equipos de segunda man, entre outros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta