A emblemática discoteca Ruta de Santiago permanece precintada por incumprimento da normativa de ruídos

O Concello volveu a decretar o peche e o precintado da discoteca do ensanche compostelán.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2023 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago volveu a decretar o peche e o precintado da discoteca Ruta, situada no ensanche compostelán, esta vez como sanción por incumprir a normativa de ruídos. Así o confirmaban fontes do goberno local, que detallan que permanece pechada desde o 27 de xullo, unha vez pasadas as Festas do Apóstolo.

Pese ao precintado, aínda está aberto o trámite da sanción por incumprimento da normativa de ruídos, á espera de que a empresa encargada do local (Apolo Universal SL) alegue o que estime oportuno e se resolva definitivamente.

Cabe lembrar que, en febreiro, o Concello de Santiago (co socialista Xosé Sánchez Bugallo á fronte do goberno) obrigou ao peche da discoteca Ruta por entender que xa non tiña licenza, porque se disolveu a anterior sociedade propietaria. En marzo, o Consistorio avalou a reapertura xa baixo a titularidade de Apolo Universal, que recorreu a decisión, e puido retomar o negocio ata o seu precinto a finais de xullo.

Portas da discoteca Ruta
Portas da discoteca Ruta | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta