O PP e o PSOE de Santiago critican que a alcaldesa non asista ao voto a San Roque acusándoa de "sectaria"

"Mal empeza se se dedica a aplicar políticas sectarias pensadas só en clave de nacionalismo radical. Non entende Compostela", manifestou o PP.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2023 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

O PP e o PSOE de Santiago criticaron que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, non vaia a asistir ao voto da cidade a San Roque, que se celebrará o vindeiro mércores 16 de agosto, festivo local. Os populares cren que despois da súa ausencia na Ofrenda ao Apóstolo, a rexedora "non termina de entender que se presentou a alcaldesa de Santiago, con todas as responsabilidades que iso leva".

A primeira delas, sinalou o PP, "representar a todos os composteláns, non só a uns poucos". "Mal empeza se se dedica a aplicar políticas sectarias pensadas só en clave de nacionalismo radical. Non entende Compostela", manifestou. Así, afirmou que lle parece "unha falta de respecto absoluta cara aos veciños e á historia de Santiago" que "se salte a representatividade municipal en momentos tan emotivos".

"Estamos seguros de que os composteláns están a tomar nota da súa actitude, soberbia e sectaria, sen esquecer que o PSOE santiagués é igual de culpable por permitir este esperpento", trasladou. Para os socialistas, Sanmartín "segue negándolle a representación a unha gran parte dos veciños de Santiago", aos que, na súa opinión, "gustaríalles ver á máxima autoridade da cidade nun acto que transcende o relixioso".

O seu portavoz, Gonzalo Muíños, entende que a alcaldesa debería "deixar ao carón as súas crenzas, pondo por diante a vontade popular": "Unha alcaldesa debe representar a todas e a todos, á xente practicante, á crente e non practicante e á xente que non o é".

Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Patricio

... non entende Compostela.. Pero sin ninguen vai xa á misa.. tomar algo por alí e comer algo, eso sí é entender á maioria..

1 Xanc

Para ser alcaldesa é requisito ser católica? Igual me estou perdendo algo. Basta xa de hipocresía dos representantes públicos que acuden a actos relixiosos nun Estado laico. Brava Goretti!

1 Miguel Barbeito

Pois en Carballo Evencio Ferrero vai a dúas procesións e fai a ofrenda ó San Xoán pedíndolle axudas coma Fátima Báñez do PP lle pedía a Virxe do Rocío. Cando lle dirá o partido que o BNG reivindica un estado Laico ?