@laurafranco111: "Moléstame soberanamente que romanticemos o embarazo"

Esta noiesa, con máis de 250.000 seguidores en TikTok, é a nosa quinta convidada a Laretando

Por Patricia Otero | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

É o embarazo a etapa máis bonita dunha muller? Laura Franco, xerocultora, tiktoker e futura nai, é a nosa quinta convidada a Laretando e, entre outras moitas cousas que tratamos no episodio, tamén falamos do embarazo e de todo o proceso de idelización e romantización que hai cara el que, en moitas ocasións, nada ten que ver coa realidade.

Quinto episodio de Laretando Podcast con @laurafranco111
Quinto episodio de Laretando Podcast con @laurafranco111

Con Laura tamén falamos en profundidade sobre a saúde mental e o transtorno de ansiedade, sobre as residencias de maiores e da profesión de xerocultor - ou 'limpacús' como di Laura- e tamén tratamos un tema polémico como a diferenza de idade nas parellas.

Todo isto e máis no novo episodio de Laretando que xa tedes dispoñible en Spotify e YT!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta